Premio de mais de 3.000 euros da ONCE en Carballo

O vendedor do ONCE Antonio Javier Lema foi o encargado de levar a sorte a Carballo con esta papeleta, que comercializou na súa ruta de venda polo municipio.

Por Europa Press / Redacción | CARBALLO | 04/10/2022 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O xogo 'Mi Día' da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) deixou un premio de máis de 3.400 euros na localidade coruñesa de Carballo, nun boleto que premiou a data favorita da persoa gañadora, no sorteo deste pasado luns.

O vendedor do ONCE Antonio Javier Lema foi o encargado de levar a sorte a Carballo con esta papeleta, que comercializou na súa ruta de venda polo municipio.

'Mi Día' do ONCE consiste nun xogo no que hai que elixir unha data de entre as 36.525 comprendidas nun período de 100 anos. Ademais, cada combinación levará asignado automaticamente un Número da Sorte, comprendido entre o 1 e o 11.

Premio ONCE
Premio ONCE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta