A aplicación do SERGAS dá problemas para pedir e anular citas, Sanidade di que están tentando resolver o problema

A incidencia rexístrase nun momento no que xa se activou o procedemento para administrar a cuarta dose da vacina fronte á covid-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2022 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A aplicación do Sergas Móbil rexistrou problemas de funcionamento nas últimas horas para pedir e anular citas. Ditas incidencias rexistráronse ao longo de toda a xornada e hai usuarios que xa viron problemas na noite deste luns. Fontes do Sergas trasladaron que se trata dun fallo puntual e trabállase para tratar de resolver a incidencia canto antes.

As mesmas fontes sinalan que nas últimas horas produciuse "un importante incremento" no número de accesos á plataforma móbil. A incidencia rexístrase nun momento no que xa se activou o procedemento para administrar a cuarta dose da vacina fronte á covid-19, polo que tamén se producen un maior número de entradas na aplicación. En todo caso, a web funciona con normalidade para a petición de citas médicas.

Imaxe dunha petición de cita na 'app' do Sergas.
Imaxe dunha petición de cita na 'app' do Sergas. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta