Choca contra unha casa cando se dirixía para recibir asistencia tras picaduras de avespa

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/10/2022 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

Un condutor que se dirixía a un centro de saúde para recibir asistencia por picaduras de avespa sufriu este mércores un accidente de tráfico en San Cibrao das Viñas.

Segundo a información do 112-Galicia, o home, de avanzada idade, dirixíase en coche ao centro de saúde para consultar unhas picaduras de avespa que sufrira días antes cando se sentiu indisposto e saíu da estrada, chocando contra unha vivenda.

O suceso ocorreu sobre as 11,00 horas en Santa Comba de Gargantós. Ata a zona desprazáronse efectivos do 061, Bombeiros e Garda Civil de Tráfico.

Avespa asiática
Avespa asiática

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta