Os produtos da IXP Vaca Galega-Boi Galego xa poden comercializarse en toda a Unión Europea

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 11:22

Comparte esta noticia

Os produtos da indicación xeográfica protexida (IGP) Vaca Galega-Boi Galego poden xa comercializarse en todo o territorio da Unión Europea. O Diario Oficial da UE publica este xoves a orde que autoriza a inscrición deste selo no rexistro comunitario, segundo informou a Consellería do Medio Rural nun comunicado.

Ata o momento, os produtos co selo Vaca Galega-Boi Galego podían venderse co seu distintivo unicamente no territorio estatal ao dispor o IGP dunha protección estatal transitoria. Este selo abarca a carne fresca e miúdos das razas Loura galega, Morena galega (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa), Asturiana dos Vales, Limusina, Avermellada de Aquitania, Frisoa e Pardo Alpina.

Para gozar do recoñecemento, os animais deben nacer, criarse, engordarse, sacrificarse e despezarse en Galicia, así como demostrar a rastreabilidade do produto e cumprir as características que se establecen no prego de condicións.

Caldelá, limiá, vianesa e frieiresa, catro das cinco razas de morenas galegas que presentan firmas xenéticas propias
Caldelá, limiá, vianesa e frieiresa, catro das cinco razas de morenas galegas que presentan firmas xenéticas propias | Fonte: MAGRAMA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta