Rueda pon de excusa a súa ausencia no cume hispano-alemá a que se lle convidou "a menos de 48 horas"

"Xa tiña a axenda pechada", insistiu

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xustificou este xoves a súa ausencia no cume hispano-alemá celebrada na Coruña e insistiu en que se lle convidou "a menos de 48 horas".

"Non foi unha chamada a participar no cume, foi unha invitación a estar presente nun acto protocolario no inicio dun cume, que, doutra banda, é moi bo para Galicia que se celebre aquí", esgrimiu, ao termo do Consello da Xunta.

"O que sucedeu é que, aínda que supoño que non se decidiu facer o acto 48 horas antes, a invitación chegoume a menos de 48 horas e xa tiña a axenda pechada", insistiu, para engadir que, por iso, estivo representado polo conselleiro de Facenda, Miguel Corgos.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, dirixe a reunión do Consello. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 28/09/22.. XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, dirixe a reunión do Consello. Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, 28/09/22.. XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta