Tres hospitalizados e 60 desaloxados nun incendio no sanatorio La Robleda

Un total de 10 persoas tiveron que ser atendidas por persoal sanitario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2022 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Tres hospitalizados dun total de 10 persoas que tiveron que ser atendidas por persoal sanitario foi o resultado dun incendio declarado na madrugada deste venres no Sanatorio A Robleda, no Pino , e que levou a desaloxar a 60 internos.

Foron os traballadores do sanatorio os que deron a voz de alarma pasadas as 1,00 horas, indicando que había lume nunha das habitacións. Como medida de precaución, procederon a desaloxar aos 60 usuarios da planta baixa, mentres que os da primeira planta puideron permanecer no edificio.

O 112 mobilizou aos Bombeiros de Arzúa e axentes da Garda Civil. Así mesmo, ata a zona desprazouse unha ambulancia de soporte vital avanzado e dous de soporte vital básico do 061.

En total, segundo datos do 061, foron atendidos 10 pacientes, dos que sete foron dados de alta no punto. Son unha muller de 32 anos e seis homes de entre 31 e 69 anos. Por outra banda, foi trasladada ata o Hospital Clínico de Santiago unha muller de 56 anos e ao HM A Rosaleda dous homes, de 31 e 40 anos.

Sanatorio La Robleda
Sanatorio La Robleda | Fonte: hestialliance.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta