Todo preparado para o Salón do Automóbil en Expourense

A fin de semana do 14 ao 16 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo e do 21 ao 23 o do Vehículo de Ocasión. Estarán presentes 15 concesionairos representando unhas 20 marcas.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 08/10/2022 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

Todo en marcha para a celebración do 13º Salón do Automóbil que terá como escenario o recinto feiral de Expourense e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O. coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense. Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, que se desenvolverán do 14 ao 16 de outubro --Salón do Vehículo Novo--, e do 21 ao 23 --Vehículo de Ocasión--. 

Presentación 13º Salón do Automóbil. Foto: Prensa Expourense.
Presentación 13º Salón do Automóbil. Foto: Prensa Expourense.

Todas as marcas presentes aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2023. En total, participarán 15 concesionarios da provincia de Ourense, asociados a ACAUTO, que representarán unha vintena de marcas cunha vintena de modelos novos. As marcas representadas son: Audi, BMW, Citroen, Cupra, Dacia, Ford, Hyundai, KIA, Mazda, Mercedes, Nissan, Opel, Peugeot, Porsche, Renault, Seat, Skoda, Toyota, Volkswagen e Volvo.

Durante a presentación do pasado xoves 6 de outubro, o presidente de ACAUTO comentou que este salón “é unha cita clave na venda de vehículos anual en Ourense, reactiva o mercado e contribúe a rexuvencer o parque móbil da provincia situado nos 12,5 anos de media de antigüidade dos vehículos”. Tamén fixo un repaso pola situación do mercado de venda de vehículos na provincia de Ourense, que descendeu un 13% neste exercizo (12% de media no resto de Galicia).

O horario do 13º Salón do Automóbil será os venres 14 e 21 de outubro de 11.00 a 20.30 h.; os sábados 15 e 22 de outubro de 10.00 a 20.30 h., e os domingos 16 e 23 de outubro de 11.00 a 20.00 h. O prezo da entrada son 3 euros por cada salón (menores de ata 12 anos teñen entrada gratuíta).

PREMIOS E COLABORACIÓN CON CÁRITAS

Para incentivar as visitas, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun automóbil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido. 

Este ano repítese tamén a colaboración con Cáritas Ourense, entidade que recibirá ao rematar estas citas 15 euros por cada vehículo vendido que será achegada entre Expourense e ACAUTO.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta