O Son do Camiño, PortAmética e Latitudes suman 12 nominacións aos premios Fest 2022

En concreto, o festival PortAmérica conta con 6 nomeamentos, O Son do Camiño con catro e Latitudes con dous.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2022 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

Os Premios Fest son o único recoñecemento do Estado dedicado aos festivais de música, e procuran "recoñecer, valorar e celebrar o traballo e a creatividade dos profesionais" do sector. Son máis de 150 festivais os que se disputan este ano conseguir o primeiro posto dentro das súas 18 categorías; e entre eles, tres galegos: o festival PortAmérica, o Son do Camiño e o Latitudes. 

Concertos do PortAmérica, en imaxe de arquivo
Concertos do PortAmérica, en imaxe de arquivo

O festival PortAmérica, celebrado en Caldas de Reis, cumpre este 2022 dez anos desde a súa primeira edición e está nomeado ás categorías de Mellor Festival Mediano Formato, Mellor Produción, Mellor Zona de Acampada, Mellor Zona de Restauración, Festival Máis Sustentable e Maior Achega Turística á Rexión. O festival xa foi galardoado en 2015, 2017 e 2018 co premio á Mellor Zona de Restauración e en 2018 recibiu o premio de Mellor Activación de Marca con Repsol e DS Automóbiles. 

Doutra banda, o festival compostelán O Son do Camiño, que xa resultou gañador en 2018 da categoría Mellor Festival Revelación, está nomeado este ano en catro das categorías: Mellor Festival Gran Formato, Mellor Produción, Mellor Zona de Acampada e Maior Achega Turística á Rexión. Por último, a gran novidade deste verán en Vigo, o festival Latitudes, está nomeado ás categorías de Mellor Festival Mediano Formato e Mellor Produción. 

Agora, será a opinión das persoas festivaleiras e dun xurado, integrado por xornalistas prescriptores e representantes dos diferentes sectores da industria musical do Estado, os que outorguen dito recoñecemento, do que se coñecerán os gañadores o día 26 de outubro en Bilbao no marco do BIME. Os prazos de votación para o público están abertos ata o domingo 9 de outubro en premiosfest.com.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta