O agradecemento de Rueda aos corpos e forzas de seguridade por facer de Galicia "un dos mellores lugares"

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/10/2022 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu aos membros dos corpos e forzas de seguridade a súa dedicación por facer de Galicia "un dos mellores lugares para vivir traballar e tamén visitar".

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na entrega das de distincións ao persoal do corpo da Policía Local e das medallas ao mérito policial
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, na entrega das de distincións ao persoal do corpo da Policía Local e das medallas ao mérito policial | Fonte: David Cabezón - Xunta de Galicia.

Rueda participou este venres no acto de entrega de distincións ao persoal do corpo de Policía Local e das medallas ao mérito policial, que se celebrou na sede da Academia Galega de Seguridade Publica, na Estrada. Así, o presidente galego estivo acompañado do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.

"Os axentes locais xunto co persoal de Emerxencias e Protección Civil e os membros dos outros corpos e forzas de seguridade que traballan en Galicia son sempre os que están en primeira fila", enxalzou Rueda.

O presidente do Executivo galego valorou o traballo de proximidade, coñecemento dos veciños e do territorio dos membros da Policía Local que supoñen un valor engadido "polo que ten de humanidade, apoio e de acubillo ás vítimas".

Así, apuntou a total dispoñibilidade da Xunta en colaborar coas Administracións locais na dotación e nas necesidades dos 127 corpos de Policía Local de Galicia.

No acto, entregaron a medalla ao mérito policial a 16 axentes polas actuacións excepcionais en acto de servizo, e o distintivo de permanencia a 127 policías locais que superan os 25 anos de servizo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta