Outono Códax trae a Galicia a Monk Boudreaux, o xefe indio máis veterano do Mardi Gras de Nova Orleans

Acollerá un total de doce concertos, desde o soul máis contemporáneo ao garage rock, as raíces de Nova Orleans, o rythm and blues, o pop barroco ou o intimismo poético.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2022 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

O Outono Códax regresa a Santiago este novembro cunha nova ecléctica selección de artistas internacionais, estatais e galegos, entre a que destaca a figura de Big Chief Monk Boudreax, o xefe indio do Mardi Gras de Nova Orleans máis veterano. O concerto do 'big chief' será un dos pratos fortes dunha programación que arrincará o 2 de novembro co concerto da banda de Brooklyn Daddy Long Less e prolongarase ata final de mes coa Sala Capitol e o Riquela Club como escenarios.

A duodécima edición do festival organizado por Raíña Productions e A Reixa baixo o patrocinio de Adegas Martin Códax mantense fiel ao seu espírito de traer unha selección de propostas variadas sobre os distintos camiños da música negra. Serán un total de doce concertos, desde o soul máis contemporáneo ao garage rock, as raíces de Nova Orleans, o rythm and blues, o pop barroco ou o intimismo poético, segundo destaca a organización nun comunciado.

O 'Anciano de los Ancianos' de Mardi Gras, Big Chief Monk Boudreaux, será unha das citas estelares do festival santiagués coa súa primeira visita a territorio galego. Outro dos pratos fortes virá tamén de Estados Unidos co soulman Carlton Jumel Smith, que chegará a Santiago acompañado por The Harrycane Orchestra. A actuación do sueco Jesper Lindell xunto á súa banda, outra das citas sinaladas para os amantes do soul.

De subir a adrelina do festival encargaranse MFC Chicken, unha das bandas cun directo máis excitante da escena do garage rock do Reino Unido. Os encargados de pór o acento galego serán Natasia Zürcher, recente gañadora do Premio Martín Códax na categoría de Blues, Funk e Soul; e Moura, banda que mestura a tradición galega coa neopsicodelia, o rock progresivo e o kraut-rock.

O cantautor Bart Davenport, John 'Papa' Gors, JC Smith Band, La Perra Blanco e Honky Tonk Heel completan o cartel dunha nova edición do Outono Códax, para o que xa poden comprarse abonos e entradas.

Big Chief Monk Boudreaux. OUTONO CÓDAX FESTIVAL
Big Chief Monk Boudreaux. OUTONO CÓDAX FESTIVAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta