Morre unha muller de 99 anos e hai catro feridos nun accidente de tráfico en Melide

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2022 | Actualizada ás 09:51

Comparte esta noticia

Unha muller de 99 anos morreu e outro catro persoas resultaron feridas nun accidente de tráfico ocorrido na noite do domingo no municipio coruñés de Melide.

Segundo informa o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar no punto quilométrico 53 da N-547, sobre as 22,30 horas da noite. Varios particulares puxéronse en contacto coa central de emerxencias para alertar do accidente.

Seguidamente, os xestores do 112 solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arzúa, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.

Unha vez no lugar, os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para liberar a dúas dos feridos. O 061 enviou ao lugar dos feitos unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, tres de soporte vital básico e persoal do punto de atención continuada (PAC) de Melide.

Finalmente, os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da muller de 99 anos (M.Ou.C.), mentres que outras catro persoas foron derivadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS): dous homes de 54 e 43 anos e dúas mulleres de 49 e 68.

Accidente de tráfico
Accidente de tráfico | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta