O 'Mercado da Reserva' de Allariz premiado a nivel nacional

A Rede de Municipios pola Agroecoloxía creou o premio “Cidades e Pobos que Alimentan”, sendo a vila do Arnoia unha das cidades premiadas xunto a outras como Valencia ou Valladolid.

Por Galicia Confidencial | Allariz | 12/10/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Rede de Municipios pola Agroecoloxía outorgou o premio ‘Cidades e pobos que alimentan 2022’ ao mellor proxecto desenvolvido por un pequeno municipio ao Mercado da Reserva promovido dende o Concello de de Allariz. O recoñecemento chega por traballar para a visualización dos proxectos agroecolóxicos da zona e lograr un proxecto participado por persoas labregas, así como pola súa consolidación como espazo de intercambio e xeración de relacións despois de dez anos de traxectoria.

Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz
Mercado da Reserva da Biosfera de Allariz | Fonte: GC

A entrega dos premios “Cidades e Pobos que Alimentan” celebrouse en Castelló da Plana, no encontro anual da Rede de Municipios pola Agroecoloxía que tivo lugar os días 6 e 7 de outubro, onde participaron máis dunha vintena de consistorios de todo o territorio xunto a organizacións sociais dedicadas á promoción da agroecoloxía. Esta primeira edición de premios pola agroecoloxía, única en todo o territorio, serviu  para visualizar as mellores prácticas por unha alimentación sostible, empezando por Allariz, Valencia, Granollers, Valladolid e Eo Alimenta.

Á entrega de premios asistiron representantes dos ministerios de Consumo e Axenda 2030, a alcaldesa de Castelló e concelleiras de consistorios do estado.

Cristina Cid, a alcaldesa de Allariz, recollendo o premio. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Cristina Cid, a alcaldesa de Allariz, recollendo o premio. Foto: Prensa Concello de Allariz.
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta