Traslados por estrada dos viaxeiros do tramo Monforte-Lugo por obras este fin de semana

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2022 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Os traballos para a electrificación do trazado ferroviario que Adif está a realizar entre Monforte de Lemos e Lugo interromperán este fin de semana e algúns días de novembro o servizo de trens, polo que se estableceron plans alternativos de transporte por estrada para os viaxeiros afectados.

Tal como informou o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana nun comunicado, Adif avanza nas obras necesarias para instalar o sistema de electrificación no trazado duns 75 quilómetros de lonxitude.

En concreto, realizaranse distintas actuacións na vía e na infraestrutura deste tramo de liña que permitirán despois tender a electrificación. Estes traballos suporán levantar a vía e outras instalacións en varios quilómetros do percorrido.

As actuacións, que se realizarán entre o 15 e o 17 de outubro e entre o 12 e o 14 de novembro, non son compatibles coa prestación do servizo ferroviario, polo que a empresa Renfe estableceu plans alternativos de transporte por estrada.

Así, este fin de semana preto dunha decena de trens veranse afectados, polo que os usuarios realizarán partes do traxecto en autobús, do mesmo xeito que ocorrerá o fin de semana do 12 de novembro. Tramos como Monforte-Lugo ou Rábade-Ourense terán que levar a cabo por estrada.

Estación de trens de Monforte
Estación de trens de Monforte | Fonte: www.jrcasan.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta