O Parlamento quere impulsar o desenvolvemento das plantas de biogás para convertelo "nunha realidade"

O tres grupos piden o "efectivo cumprimento" do decreto que regula as vivendas de uso turístico para o seu uso "adecuado e ordenado"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2022 | Actualizada ás 18:07

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia aprobou a impulso do PPdeG, con sete votos a favor (os populares) e cinco abstencións (de BNG e PSdeG), unha iniciativa na que insta á Xunta a solicitar ao Goberno de España "adecuar" a Folla de Ruta do Biogás ao potencial existente para producir este gas renovable.

Na proposición non de lei aprobada tamén se pide adoptar as medidas necesarias, tanto desde o punto de vista normativo como de incentivos económicos, para impulsar o desenvolvemento das plantas adecuadas para converter "nunha realidade" os obxectivos que se marcan na estratexia 'REPowerEU' en relación con esta tecnoloxía, a través do impulso dunha cogobernanza real e efectiva coas comunidades.

Noutra orde de asuntos, tamén quedou aprobada sen modificacións e pola unanimidade de todos os grupos unha iniciativa impulsada polo PSdeG na que se pide á Xunta o "efectivo cumprimento" do decreto autonómico que regula o uso turístico. Así mesmo, ínstase a colaborar coas administracións competentes en materia urbanística para lograr "un uso adecuado e ordenado" das vivendas de uso turístico.

HOTEL ALMIRANTE

Finalmente, tamén por unanimidade, sen modificacións e a impulso do BNG, quedou aprobada unha proposición non de lei na que se insta á Xunta a intervir e mediar no conflito para que a empresa Carrís Hoteis recupere a súa actividade no Hotel Almirante de Ferrol.

A iniciativa nacionalista pretendía impulsar pasos co obxectivo de finalizar a situación de "parálise" do centro e a "incerteza" na que viven os integrantes do seu persoal, en ERTE desde abril de 2020 e sen perspectivas de retomar a súa actividade en breve por mor dun conflito entre a empresa Carrís Hoteis e a propietaria do edificio.

Unha planta de biogás.
Unha planta de biogás.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta