Falece unha muller atropelada en Carnota

Unha colisión en Boiro deixa tres persoas feridas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2022 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Unha septuaxenaria faleceu na noite deste martes tras ser atropelada por un vehículo no municipio coruñés de Carnota. Segundo a información do 112-Galicia, a muller foi alcanzada por un vehículo ao redor das 23,00 horas da noite deste martes na recta de Lariño, en Carnota.

Ata a zona desprazáronse efectivos do GES de Muros e informouse a Policía Local e Garda Civil de Tráfico. Tamén foi mobilizada unha ambulancia do 061, que só puido certificar o falecemento da vítima.

ACCIDENTES EN BOIRO

Pouco despois do accidente mortal de Carnota, o 112-Galicia rexistraba no municipio de Boiro unha colisión entre dous vehículos, na que resultaron feridas tres persoas. Tivo lugar no polígono industrial de Espiñeira.

Con anterioridade, tamén en Boiro, un motorista resultou ferido ao chocar contra un turismo en Cabo de Cruz, pouco antes das 19,00 horas.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta