O PSdeG reclama máis centros de vacinación para achegar o proceso aos maiores

Pide á Xunta reforzar o persoal sanitario e abrir os centros de saúde á vacinación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2022 | Actualizada ás 13:12

Comparte esta noticia

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que incorpore máis centros de vacinación para fornecer a cuarta dose da covid e reforce o persoal sanitario co fin de "achegar a vacina ás persoas maiores".

Así, o responsable socialista acusa o goberno galego de apostar por un sistema "confuso", que está a xerar problemas nas persoas que queren vacinarse, e esixiu ao Sergas que "rectifique e abra a vacinación nos centros máis próximos á cidadanía", os centros de saúde, tal e como se fixo en anteriores campañas.

Torrado acudiu aos datos facilitados por Sanidade para argumentar que, despois de máis de dúas semanas vacinando á poboación de máis de 85 anos, "aínda están sen recibir a súa dose 6 de cada 10 galegos desta franxa de idade", o que considera "un fracaso".

O responsable socialista destaca tamén "as numerosas queixas sobre as dificultades" que está a xerar este proceso, ao "obrigar a algunhas persoas de máis de 85 anos a realizar longos desprazamentos polos seus propios medios". "Da Fonsagrada a Lugo, de Entrimo a Ourense ou de Lalín a Santiago son desprazamentos que están a ser asumidos polas persoas maiores, coas dificultades que iso supón, e existindo centros sanitarios máis próximos", engadiu.

Por iso, o Grupo Socialista reclama a "mellora do deseño inicial" proposto polo Sergas, abrindo a posibilidade da contratación extraordinaria dos profesionais sanitarios necesarios "para poder ampliar o volume de centros de vacinación dispoñibles en Galicia".

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Xullo Torrado.. PSDEG
O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Xullo Torrado.. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta