Aumentan as persoas hospitalizadas con Covid, pero non se notifican novos falecementos

A área que máis casos activos presenta é A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2022 | Actualizada ás 11:05

Comparte esta noticia

As cifras da pandemia de Covid-19 en Galicia melloran lixeiramente este xoves, cando se roldan os 150 novos contaxios nas últimas 24 horas (66 menos), sen notificar ademais ningún falecemento.

Segundo os datos publicados este xoves pola Consellería de Sanidade --con información ata as 18,00 horas do mércores--, Galicia ten 1.851 casos activos de coronavirus, 94 máis que na xornada anterior, e detectou 144 positivos, 66 menos que o mércores. En canto ás persoas hospitalizadas, volven crecer. En concreto, Galicia suma 13, 11 máis en planta --147 en total-- e dous en UCI --cinco en total--.

Por áreas sanitarias, a que máis pacientes ten ingresados segue sendo a da Coruña, con 56 en planta (+7) e tres en UCI (+1). Ademais desta, soben as cifras de hospitalización na área de Ourense, con 18 ingresados en unidades convencionais (+1) e un en críticos; así como na de Pontevedra, con 18 pacientes en planta (+2) e un en coidados intensivos (sen cambios) e na de Lugo, que continúa sen ingresados en UCI pero con 14 en unidades convencionais (+2).

Doutra banda, mantéñense sen cambios os datos nas áreas de Ferrol, con 11 ingresados en planta e sen pacientes en UCI, e en Santiago, que tampouco rexistra pacientes en críticos e que prosegue con 13 hospitalizados en unidades convencionais. A área sanitaria de Vigo é a única na que baixan os hospitalizados, con 17 pacientes en unidades convencionais (-1) e aínda sen ingresados en UCI.

CASOS ACTIVOS E POSITIVOS

En canto aos casos activos, todas as áreas sanitarias experimentaron un incremento nas últimas 24 horas. A área que máis casos activos ten é, de novo, A Coruña, con 418 (+28). Seguida desta, colócase a de Ourense, con 333 (+16); a de Santiago, con 296 (+17); Vigo, con 242 (+17); Lugo, con 216 (+6); Pontevedra, con 190 (+6); e Ferrol, con 154 (+2).

No caso dos novos positivos, dos 144 notificados este xoves, 41 foron na área da Coruña, 28 na de Santiago, 12 na de Lugo, sete na de Ferrol, 21 na de Vigo, 22 na de Ourense e 11 na de Pontevedra. Desde o inicio da pandemia, resultaron contaxiadas en Galicia 679.812 persoas e superaron a enfermidade 674.145, mentres que faleceron con covid 3.925 persoas. 

Hostalaría galega / Europa Press  / Europa Press
Hostalaría galega / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta