A Xunta estabilizará a 8.700 empregados públicos en 2023 a través dun concurso de méritos

Só haberá 1.635 prazas a través do concurso-oposición, que require unha proba obxectiva para superar o exame.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2022 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O vicepresidente primeiro da Xunta e responsable da área económica, Francisco Conde, anunciou que o Executivo galego deu luz verde na súa reunión semanal á lei que permitirá "facilitar e axilizar" o desenvolvemento do proceso para adxudicar en Galicia máis de 10.300 prazas do proceso de estabilización de emprego público. Convocaranse antes de que acabe o ano e quedarán resoltas en 2023.

Conde, que substitúe a Alfonso Rueda na xestión dos asuntos da Presidencia da Xunta durante a viaxe oficial do titular a Arxentina e Uruguai, lembrou os detalles da oferta de emprego público para o proceso de estabilización --activado por mor da norma estatal fronte á temporalidade-- que xa foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) en maio.

En total, a oferta da Administración xeral e entidades instrumentais do sector público autonómico, do ámbito sanitario e da área docente alcanza un total de 10.336 prazas. A Lei distingue dous tipos de procesos: un de estabilización mediante o sistema de concurso de méritos no que se valorarán exclusivamente os méritos e outro a través do sistema de concurso-oposición que comporta a realización de exames.

O primeiro dos procesos empregarase para seleccionar todas as prazas que estivesen ocupadas de forma temporal e de maneira ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016, mentres que o segundo será de aplicación ás prazas ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos o tres anos anteriores a 31 de decembro do ano 2020.

No caso galego, do total de máis de 10.300 prazas, 8.701 adxudicaranse polo sistema de concurso de méritos e os 1.635 restantes a través dun concurso-oposición.

Oposicións en Galicia.. XUNTA - Arquivo
Oposicións en Galicia.. XUNTA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta