Repunte da Covid en Galicia: case 200 positivos novos nun día

A presión hospitalaria descende lixeiramente ata os 149 nunha xornada na que o Sergas non notifica novos falecidos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2022 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) detectou 192 positivos novos en covid-19 nunha xornada na que os casos activos volveron a superar a barreira dos 2.000 e os hospitalizados descenderon lixeiramente, a 149.

En concreto, segundo as cifras ofrecidas este venres, actualizadas ata as 18,00 do xoves, a área sanitaria onde se detectaron máis casos nas últimas 24 horas foi Vigo, con 43. Tras esta, a da Coruña-Cee notifica 36 positivos novos, seguida da de Santiago-Barbanza con 34. A de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras suma 27 infeccións novas, a de Ferrol 20, a de Lugo-A Mariña-Monforte 19 e a de Pontevedra-O Salnés, 13.

Así, desde o inicio da pandemia rexistráronse en Galicia un total de 680.004 casos de covid: 150.134 na área de Vigo, 140.697 na da Coruña, 108.641 na de Santiago, 84.170 na de Ourense, 77.034 na de Pontevedra, 76.011 na de Lugo e 42.333 na de Ferrol.

CASOS ACTIVOS

Ademais, os casos activos da enfermidade sofren un novo repunte ata os 2.009 en toda Galicia, 158 máis que hai un día. Isto débese a que os novos contaxios detectados (192) superan ás altas recibidas nun día (34). De feito, non se notificaron falecidos e a cifra oficial de óbitos mantense en 3.925.

A área con máis pacientes de covid na actualidade é a da Coruña, con 444, tras un repunte de 26; seguida da de Ourense, con 359, ao subir tamén en 26 nun día. Séguenlles a de Santiago, con 330 (+34), a de Vigo, con 266 (+24), a de Lugo, con 229 (+13), a de Pontevedra, con 210 (+20), e a de Ferrol, con 169 (+15).

BAIXAN LIXEIRAMENTE Os INGRESADOS

No que respecta aos hospitalizados diagnosticados de covid-19, hai un total de 149 en toda Galicia, o que implica un descenso de tres nas últimas horas. Deles, 145 están en planta (-2) e outro catro, en unidades de coidados intensivos (-1).

Por áreas sanitarias, hai unha variación dispar, xa que catro notifican descensos da presión hospitalaria pero noutras dúas prodúcense subidas. A que máis ingresados covid contabiliza é a da Coruña, con 55 (-4), das cales dúas están na UCI (-1). Na de Pontevedra hai 23 hospitalizados (+4), un deles crítico; e na de Ourense hai 18 (-1), deles un mantense en coidados intensivos.

Así mesmo, a área de Santiago ten 16 hospitalizados (+3), ningún deles na UCI; a de Vigo 14 (-3), todos eles en planta; a de Ferrol 12 (+1) e a de Lugo 11 (-3), tamén ambas as áreas coas unidades de críticos libes de covid.

Cidadáns nunha zona de copas
Cidadáns nunha zona de copas | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta