23 detidos dunha organización criminal na Coruña dedicada á fraude bancaria en liña

A Garda Civil detivo a 23 persoas, que finxían pertencer a un banco para acceder a contas e facer transferencias irregulares

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 15/10/2022 | Actualizada ás 11:37

Comparte esta noticia

A Garda Civil da Coruña desarticulou un grupo criminal asentado nesta provincia e vinculado cunha organización internacional que realizaba estafas bancarias infectando os computadores das súas vítimas cun software 'troiano' que permitía acceder ás súas claves e realizar transferencias irregulares. En total, foron detidas 23 persoas e estímase que a cantidade defraudada é de 86.000 euros.

Axentes da Garda Civil especialistas en delitos na Rede
Axentes da Garda Civil especialistas en delitos na Rede | Fonte: GARDA CIVIL.

A 'Operación Yolcos' iniciouse en xuño de 2021, cando os axentes tiveron coñecemento dunha serie de estafas que utilizaban softwares 'maliciosos', os coñecidos como 'troianos', para acceder ás contas das vítimas e realizar operacións sen o seu consentimento.

Durante a investigación, a Garda Civil identificou varias persoas na provincia da Coruña que realizaban a función de 'mulas de diñeiro' ou 'drops', isto é, que figuraban como intermediarios, recibindo nas súas contas o diñeiro estafado para, posteriormente, sacalo en efectivo e entregarllo aos xefes do grupo, cobrando unha porcentaxe.

Moitas das persoas que realizaban esta función eran mulleres novas captadas polos integrantes do grupo criminal tras manter con eles relacións sentimentais. A través delas, e aproveitando esta relación de parella, conseguían que lles facilitasen o acceso e control ás súas contas bancarias a cambio de distintas cantidades económicas para recibir os fondos procedentes das estafas. Tras conseguir o diñeiro, e ser bloqueadas as contas bancarias das parellas por fraude bancaria, os captadores abandonábanas para iniciar unha nova procura.

Do mesmo xeito, os axentes tamén identificaron a captación destas 'mulas' a través de anuncios nas redes sociais que ofrecían traballo.

En canto aos 'captadores', a investigación identificou seis homes, todos eles de orixe suramericana e con múltiples antecedentes policiais, que eran veciños de Ferrol na época na que se produciron os delitos. Eles, á súa vez, actuaban baixo ordes directas do xefe, asentado na provincia da Coruña, que resultou ser un home orixinario de Brasil.

A Operación finalizou coa detención de 23 persoas en distintas localidades da provincia da Coruña (Cambre, Coruña, Fene, Ferrol, Oleiros e Sada) así como nas cidades de Barcelona e Soria. Se haconseguido identificar a 21 persoas que realizaban a función de 'mulas de diñeiro' para a organización criminal, as cales se atopaban asentadas en Brasil. A operación mantense aberta para poder atopar novas vítimas.

Os detidos foron postos a disposición xudicial dos Xulgados de Ferrol e A Coruña, quedando pendentes a detención doutro cinco membros do grupo criminal, os cales conseguiron eludir a acción policial fuxindo aos seus países de orixe --Brasil e República Dominicana--.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta