Só 15 de cada 100 persoas en risco de pobreza cobra unha prestación, indica CC.OO

Este sindicato pide máis medidas sociais para os máis de medio millón de galegos por baixo do limiar da probreza.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/10/2022 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

Este luns, 17 de outubro, conmemórase o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza. Neste contexto, o Sindicato Nacional de CCOO de Galicia reivindica medidas efectivas de protección social para máis de medio millón de galegos e galegas que viven por baixo do limiar da pobreza (9535 € anuais para unha persoa soa). Son, en concreto, 544.520 persoas, o 20,2 % da poboación, tal como reflicte un informe que acaba de facer público o sindicato.

Pobreza infantil.
Pobreza infantil.

"Mídase como se mida, os niveis de pobreza alcanzan cotas inaceptables", denuncia Maica Bouza, secretaria de Emprego e Política Social de CCOO. Por este motivo, coida "imprescindible" aproveitar as etapas de crecemento económico para desenvolver políticas que combatan a pobreza laboral, a precariedade e a desigualdade.

 

Neste "grave contexto", suliña, as redes de protección social deben desempeñar un "papel determinante e deberían cubrir as necesidades básicas das persoas, en especial das que se atopen en situación máis vulnerable".

O último informe sobre a aplicación e avaliación da Lei de inclusión social de Galicia é de 2021 e indícanos que en decembro dese ano o número de persoas perceptoras da Risga era de 7211, fronte a 3032 persoas perceptoras de axudas de inclusión social. Así mesmo, o orzamento utilizado para aboar esas prestacións ascendía a case 44 millóns de euros, o que supoñía unha contía media de 435,21 euros de prestación.

Porén, o número de titulares do IMV en setembro de 2022 era de 20.259 e a contía media por fogar de 492,25 euros; e que o número de persoas titulares e beneficiarias experimentara un notable incremento como consecuencia das medidas de flexibilización introducidas no 2021 e que entraron en vigor este ano. "Aínda así, unhas 30.491 percibirían rendas de integración "e poderiamos estimar que se benefician delas unhas 80 000 persoas; é dicir, só 15 de cada 100 persoas en risco de pobreza en Galicia teñen unha prestación", indica Bouza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta