O Goberno central di que "teñen máis avanzada" as obras do AVE a Portugal que o país veciño

"Cónstanos que están acelerando as obras", asegura a ministra de Transportes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2022 | Actualizada ás 12:48

Comparte esta noticia

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, manifestou que "en breve" convocará a unha reunión aos gobernos de Galicia e de Castela e León para abordar as obras de reconstrución na A-6 tras o derrube en xuño do viaduto do Castro. Respecto desta actuación, defendeu que existe por parte do Goberno "consignación suficiente".

Fíxoo nunha comparecencia ante os medios de comunicación no Concello da Coruña, tras unha reunión coa alcaldesa, Inés Rey, na que, a preguntas dos xornalistas, defendeu que existe por parte do Goberno "consignación suficiente para as obras de emerxencia".

Respecto diso, dixo que esperan ter o estudo esta semana polo que "en breve" convocarán á Xunta de Galicia e ao goberno de Castela e León "para presentar o avance deste estudo". Ademais, volveu a incidir en que o Executivo tivo "unha reacción inmediata desde o primeiro día" tras a caída do viaduto, en alusión tamén á alternativa para o tráfico.

ALTA VELOCIDADE GALICIA-PORTUGAL

"En poucos días, unha semana, cando cadre axenda, concretarase coa Xunta cando imos iniciar a obra", expuxo nunha intervención na que pediu, por outra banda, ao Goberno galego, "dispoñibilidade" para abordar cuestións como o tren de proximidade. "Estamos dispostos a facelo en Galicia", dixo aludindo a proxectos impulsados noutras rexións.

Noutra orde de cousas, e cuestionada pola conexión da alta velocidade entre Galicia e Portugal e o compromiso do Goberno, aludiu ao "interese" do Executivo central por esta conexión.

"A parte española está máis avanzada", dixo tras precisar que son os portugueses os que teñen que "adiantar no seu traballo" e que ao Executivo central cónstalle que "o están facendo". Tamén apelou a seguir dando o "impulso" necesario para poder acurtar prazos.

A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez nunha rolda de prensa xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez nunha rolda de prensa xunto á alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta