Buscan unha muller de 74 anos con alzhéimer desaparecida desde o domingo en Santiago

Saíu dar un paseo polo barrio de Conxo e xa non se soubo máis dela.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/10/2022 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A Policía Nacional mantén aberta a procura de María José Casal Otero, unha muller de 74 anos diagnosticada de alzhéimer que desapareceu na tarde deste domingo cando saíu dar un paseo polo barrio de Conxo, en Santiago de Compostela.

María José Casal Otero, unha muller de 74 anos diagnosticada de alzhéimer desaparecida en Santiago de Compostela
María José Casal Otero, unha muller de 74 anos diagnosticada de alzhéimer desaparecida en Santiago de Compostela | Fonte: Agadea.

Segundo informa a Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzhéimer (Agadea), esta muller, usuaria do centro desta entidade en Santiago, mide 1,60 metros, usa lentes e no momento no que se lle perdeu a pista levaba un abrigo negro, pantalóns vaqueiros claros, un xersei de raias brancas e azul mariñas, e un paraugas.

A súa filla, que vive con ela, foi a encargada de pór a denuncia ante a Comisaría da Policía Nacional. Desde entón, tal e como confirman fontes do 112 Galicia, permanece activa a procura desta septuaxenaria desaparecida pola rúa de Penedo, en Conxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta