Dirixentes do PP de Lugo imputados por carretar a enfermos de Alzheimer

Un xulgado de Lugo chama a declarar este mércores aos acusados dun presunto delito electoral ao entender o xuíz que poden existir “indicios racionais de criminalidade” na carretaxe de anciás con demencia senil.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/10/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

José Luis Iravedra Lestral, membro do Executiva Provincial do Partido Popular, conselleiro da RTVG, ex tesoreiro do PPdeG e considerado como o número dous do PP en Lugo durante a etapa de Francisco Cacharro coma presidente provincial, terá que declarar ante un xuíz imputado por un presunto delito eletoral de carretaxe de votos.

Partidos da oposición denuncian o carretaxe duns enfermos que foron trasladados a votar en cadeira de rodas
Partidos da oposición denuncian o carretaxe duns enfermos que foron trasladados a votar en cadeira de rodas

Xunto a el tamén están imputados Teresa Taboada Candal, ex concelleira do PPdeG e Benigno Gómez Abel e Serafín Rodríguez Rodríguez. Os tres deberán comparecer este mércoeres ante o Xulgado número 2 de instrucción de Lugo para dar conta do carrexo de varias persoas nas pasadas eleccións autonómicas de 2012.

Nun auto, o xuíz suliña que estes dirixentes populares puideron incorrer nun presunto delito  electoral, “consistente en utilización de persoas cuxas facultades intelectivas e volitivas estaban afectadas, polos padecementos que obran nos informes forenses emitidos por IMELGA (demencia senil, Alzheimer etc)”. Estas persoas serían trasladándoas á mesa electoral para depositar o voto, “a pesar de que tales persoas carecían de capacidade para comprender e decidir o sentido do seu voto”.

Tras unha denuncia de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), o xuíz ordenou á Policía Xudicial que practicara as dilixencias necesarias encamiñadas a determinar “a natureza e circunstancias do feito, as persoas que nel participaron e o órgano competente para o axuizamento”. Tras estas pescudas, o xuíz entende que pode “existir indicios racionais de criminalidade dos mesmos”.

Entre a información aportada por AGE, había fotos publicada en diversos medios nas que se aludía á denuncia. Nesas instantáneas aparecían as catro persoas chamadas a declarar. Os investigadores tomaron tamén declaración ás testemuñas presenciais e, finalmente, foron identificados os anciáns do Asilo de San Roque de Lugo que votaron co suposto apoio de dirixentes populares. 

Carretaxe en Ourense @oscar_sanchez
Carretaxe en Ourense @oscar_sanchez

O xuíz ordenou emitir un informe forense respecto das “capacidades intelectivas e volitivas” destes anciáns, que sofren doenzas como demencia senil ou Alzheimer. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Cacharro

Bom, visto como está o tema, melhor que carreiem os do Alzheimer e não os do ébola...

3 Camdepalheiro

Ia sendo hora que a xustiza tomase cartas no asunto.

2 chunda-chunda

a desmielización das neuronas, dos axons e das celulas glía e o que esta conseguindo o alzehimer do _vieiras e o que esta levando o PP o goberno, -vieiras e goberno do PP .... o age$ e ruina do pobo...

1 Spidercan

Isto da carretaxe de votos é máis antiguo que a Muralha de Lugo! Si seguíu así é porque aos máis intelixentes da minha xeración só lhes gustaba Rosendo e cousas polo estilo, e que deben agora perto de 60 anos. E foi Rosendo ao San Froilán a achegarse aos seus incondicionais e os xoves que son máis antiguos que o Papa de Roma. E logo, claro, votan a PODEMOS ou á ANOVA ou a quen venha que vote algúns berros e diga algunhas verdades de cafetería como facemos todos. Non hai moito que facer! Só emigrar e pouco máis. E que aquí queden os mediocres.

1 Xaime

Spidercan non sabía que eras de Lugo e que viras a Rosendo na Praza de Santa María. Xa non me caes tan mal, xa ves ...

2 Spidercan

É o que ten. O roce fai o carinho.