A alcaldesa da Coruña descarta unha sede compartida con Santiago para a Axencia de Intelixencia Artificial

Critica a "ambigüidade permanente" do presidente da Xunta e pídelle que se sitúe.

Por E.P. | A CORUÑA | 19/10/2022 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, descartou a posibilidade dunha sede compartida con Santiago para a Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (Aesia), tras a formulación feita a este respecto polo tamén rexedor socialista, Xosé Sánchez Bugallo.

A pesar do que cualificou como "persistencia" do alcalde de Santiago, insistiu en que a postura do goberno local coruñés pasa por solicitar a sede para A Coruña. Ademais, expuxo que "non existe a posibilidade de que existan dúas sedes, nin no Boletín Oficial do Estado nin na convocatoria".

"Hai que deixar de lado esas cuestións, son imposibles a pesar da insistencia do alcalde de Santiago", manifestou en referencia ao seu compañeiro de partido.

Por outra banda, avanzou que esta semana haberá un pleno extraordinario para "visualizar" o apoio de todos os grupos da corporación á candidatura da cidade. Mentres, reclamou á Xunta que se sitúe e diga que cidade está "en mellores condicións". Respecto diso, criticou a "ambigüidade permanente" do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

"Non é tan complicado, os indicadores son claros e obxectivos", engadiu para, a continuación, defender que A Coruña ostenta a "mellor posición" para ser a sede. Ademais, instou ao presidente autonómico a dicir "se non quere apostar pola cidade da Coruña".

Noutra orde de cousas e preguntada polo aceso das luces de Nadal, ante os plans do alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, asegurou que o calendario na urbe herculina "non o marca o sur" e recalcou que se acenderán nas mesmas datas que outros anos, ao redor de finais da primeira semana de decembro.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, en rolda de prensa tras a Xunta de Goberno Local / Andy Pérez -  Europa Press  / Europa Press
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, en rolda de prensa tras a Xunta de Goberno Local / Andy Pérez - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta