Soben a sete os pacientes con covid en UCI nunha xornada con máis de 250 positivos detectados en Galicia

Non se notificaron falecementos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2022 | Actualizada ás 17:15

Comparte esta noticia

O número de pacientes diagnosticados con covid-19 ingresados en UCI subiu a sete (un máis) nas últimas 24 horas, mentres que os ingresados en planta ascenden a 163 (tres máis). Así figura nos datos publicados pola Consellería de Sanidade, con cifras ás 18,00 horas deste martes. Nese momento, as infeccións activas incrementáronse ata as 2.069 (82 máis) e os novos contaxios ata os 254 (42 máis).

Do mesmo xeito, a Xunta informa de 3.926 falecidos, mesmo número que no último balance. Por contra, a Xunta non notifica falecementos, co que a cifra global desde o inicio da crise sanitaira mantense en 3.926. Ascenden tamén os galegos que se recuperaron da enfermidade, ata os 675.050 (+170) e o número de PCR realizadas, 3.988.000 (+650). Con respecto ás vacinas, fornecéronse algo máis de 6,9 millóns de doses.

DATOS POR ÁREAS

Por áreas, a principal variación respecto ao balance do martes son os dous pacientes en UCI que suma a da Coruña e o que baixa na de Vigo. En hospitalización convencional, o distrito coruñés continúa co maior volume de pacientes covid con 61 (+3) mentres que Vigo está á cola con 13 (+1).

Pola súa banda, Pontevedra contabiliza 25 en planta (+2) e un en UCI (sen cambios); Santiago, 17 en unidades convencionais (-3) e ningún en críticos; Lugo, 15 en planta (-6) e cero en UCI (sen cambios); Ourense, un crítico (sen cambios) e 18 en planta (+1); e, finalmente, Ferrol con 14 ingresados (+3), todos en unidades convencionais.

CASOS E POSITIVOS

Nas últimas horas, Ourense foi a área con maior número de positivos con 54; seguida da Coruña con 47; Lugo con 43; Vigo con 35; Santiago con 32; Ferrol con 22 e, á cola, Pontevedra con 19.

Así, a área con máis casos activos segue sendo a da Coruña, con 453, seguida de Ourense, con 359, e a de Santiago, con 328. Na área de Vigo hai 308 casos activos, 258 na de Lugo e 217 na de Pontevedra-O Salnés. A área con menos casos segue sendo Ferrol, con 143.

Unha traballadora sanitaria atende unha persoa que acudiu a realizarse un test de antíxenos de Covid-19 nun dispositivo organizado nunha carpa en Monforte de Lemos, Lugo, a 5 de febreiro de 2021
Unha traballadora sanitaria atende unha persoa que acudiu a realizarse un test de antíxenos de Covid-19 nun dispositivo organizado nunha carpa en Monforte de Lemos, Lugo, a 5 de febreiro de 2021 | Fonte: Carlos Castro - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta