Condenan un mozo por agresión sexual á súa curmá de dez anos, que tivo catro intentos de suicidio

Foi un deses intentos o que destapou o ocorrido.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/10/2022 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña ratificou a condena a catro anos de internamento en réxime pechado a un mozo por un delito continuado de agresión sexual á súa curmá, cando ambos eran menores, e no domicilio da avoa.

O fallo rexeita os argumentos da defensa, entre eles que a condena --con dous anos tamén de liberdade vixiada con asistencia educativa-- fose desproporcionada. Faino en relación a uns feitos que se produciron entre 2013 e 2016 e que comezaron, segundo recolle o fallo, cando el tiña 14 anos e ela catro menos.

Con todo, ata 2018 non se denunciaron xa que a menor, explica a sentenza, sufriu ameazas por parte do condenado se contaba o sucedido. De feito, foi un intento de suicidio rexistrado por ela -- tivo un total de catro-- o que provocou que o dese a coñecer.

A sentenza explica que a menor, que sufrira acoso no ámbito escolar, adoitaba acudir ao seu curmán en busca de "consello e axuda" e precisa que foi no transcurso desta relación cando "nun número de ocasións imposible de precisar, pero, en todo caso, moi superior a tres, actuando con ánimo de obter satisfacción sexual, obrigouna a realizar diferentes actos sexuais".

"En todas estas ocasións, para dobregar a vontade da menor e lograr que se sometese aos seus desexos e, ao mesmo tempo, para asegurarse de que non contase a ningún outro familiar a situación que estaba a vivir, empregaba expresións verbais dirixidas a causarlle temor e intranquilidade".

Tamén, engade, "dicíalle que se non facía o que el lle pedía ou se llo contaba a alguén, lle pegaría ou que el lle contaría aos seus familiares que ela era a culpable da situación". O fallo relata que chegou a dicirlle que se se sabía culparíana do conflito familiar e que exhibiría fotografías dela espida. Tamén lle atribúe o uso da forza para "vencela".

Arquivo - Concentración contra as violencias machistas.. EUROPA PRESS. - Arquivo
Arquivo - Concentración contra as violencias machistas.. EUROPA PRESS. - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta