O BNG pedirá partidas nos orzamentos do Estado para rexenerar as rías galegas

O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, sinalou que de non engadirse estes recursos estar a limitar a capacidade produtiva das rías, "fundamental para o sector marisqueiro de toda a costa galega".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 15:00

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso dos Deputados, Néstor Rego, avanzou o rexistro de emendas ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para que o Goberno inclúa partidas específicas para a rexeneración das rías galegas e o saneamento dos ríos, co obxectivo de recuperar o valor ambiental e económico destes espazos.

Tal como lamentou o nacionalista nun comunicado, de non engadirse estes recursos estar a limitar a capacidade produtiva das rías, "fundamental para o sector marisqueiro de toda a costa galega".

Rego explicou que máis aló da adxudicación dos traballos para a limpeza e rexeneración da ría do Burgo, os orzamentos non recollen partidas que permitan solucionar os problemas ambientais no resto de días galegas.

"É urxente que os orzamentos recollan as necesidades perennes de Galicia", engadiu o deputado do Bloque, quen pediu ao Executivo central que atenda os problemas da Comunidade no ámbito ambiental.

"Estamos a falar de rías como a de Foz, Ferrol, Betanzos, Corcubión, Muros-Noia, Pontevedra ou Vigo, entre outras. Rías que, no seu conxunto, como consecuencia dos problemas ambientais, teñen limitada a súa capacidade produtiva", lamentou Rego.

O deputado do BNG no Congreso, Nétor Rego. BNG
O deputado do BNG no Congreso, Nétor Rego. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta