A Xunta cargará aos concellos a competencia de sancionar o mal uso de máscaras

Aínda que agora apenas quedan vixentes usos da máscara --e en xeral, non hai restricións--, o elemento de protección persoal segue sendo obrigatorio en centros sanitarios e no transporte público.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2022 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

A lei de saúde de Galicia, que foi reformada en pandemia para establecer medidas vinculadas á crise da covid-19, vai ser aclarada polo Goberno galego nun das cuestións máis polémicas, as competencias á hora de impor sancións derivadas das restricións no que ten que ver cos concellos.

Aínda que agora apenas quedan vixentes usos da máscara --e en xeral, non hai restricións--, o elemento de protección persoal segue sendo obrigatorio en centros sanitarios e no transporte público.

Así, no caso de non ser empregado de forma adecuada segue suxeito ás multas vixentes nunha normativa autonómica que agora aclara a Xunta coa súa lei de medidas fiscais e administrativas, a coñecida como lei de acompañamento.

O texto, que entrou a trámite este xoves xunto cos orzamentos da Xunta para 2023, e consultado por Europa Press, establece unha aclaración na que especifica que aos concellos correspóndelles a competencia para a resolución dos procedementos sancionadores relativos a varias condutas.

En detalle, trátase de condutas relativas ao uso das máscaras, incumprimentos na limitación das agrupacións de persoas e aglomeracións, incumprimentos nos lugares de traballo (no que ten que ver con medidas preventivas de seguridade sanitaria e hixiene esixibles en lugares de traballo) e incumprimentos en canto a distancia de seguridade.

Tamén se especifica para os incumprimentos en canto ao horario de apertura ou peche de establecementos e locais que se poida determinar en caso de medida preventiva por parte das autoridades sanitarias.

Un home nunha terraza da Coruña. M. Dylan - Europa Press - Arquivo
Un home nunha terraza da Coruña. M. Dylan - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta