Carmen Armada, candidata de Esquerda Unida A Coruña para as eleccións de 2023

EU Coruña sumará forzas con Podemos A Coruña para crear unha candidatura única.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/10/2022 | Actualizada ás 19:35

Comparte esta noticia

Carmen Armada será a candidata de Esquerda Unida na Coruña para as próximas eleccións municipais de 2023, segundo se ratificou este sábado na Asemblea Nacional de EU. 

Carmen Armada, coordinadora local de Esquerda Unida na Coruña
Carmen Armada, coordinadora local de Esquerda Unida na Coruña | Fonte: EUCoruña

Tal e como confirmaron mediante un comunicado, a actual coordinadora local, estará acompañada por "compañeiros que representan a cultura política e a diversidade desta organización". Serán Anxo Cabo, Aurora Paz, René Gamborino, Berta Vigil, Jorge Crego, Alba Sánchez, Alberto Vilariño, Noah Ceveira, Omar Ceveira, Silvia Martínez, Francisco Ramírez e Julia Cao.

Ademais desta lista, EU Coruña sumará forzas, apuntan, con Podemos A Coruña para crear unha candidatura única de cara aos próximos comicios. "A vontade da organización é seguir traballando nun camiño conxunto, de igual a igual, por un futuro común, que xa comezamos hai tempo con Podemos Coruña; un traballo que parte dun proxecto e programa compartido, tanto nas súas rúas como no ámbito institucional", recalcan.

En palabras da propia Armada, "é importante loitar por un proxecto de cidade que poña por diante os desexos da maioría social". "Un proxecto no que xa traballamos e para o que insistimos na chamada ao resto de forzas da esquerda da cidade, para dar unha resposta á altura das demandas da cidadanía", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Manolo Vilagarcía

Semella que se van opoñer a Marea Atlántica. Máis división na esquerda.