A tala dos bosques acelera os contaxios de ébola

Os ecoloxistas galegos e a FAO coinciden en sinalar aos monocultivos e outras actividades que colenvan a deforestación como un dos causantes de que doenzas "oportunistas" como ébola ou a febre amarela se transmitan máis a miúdo aos seres humanos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/10/2014 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

A "caza", a "explotación forestal" e a "alteración da fauna natural". Estes son algúns dos "mecanismos emerxentes posíbeis" para explicar a rápida expansión do ébola. Así o destaca un estudio da FAO (o organismo da ONU para a alimentación e a agricultura) citado este venres por ADEGA.

Deforestación www.forestryimages.org/4166001/J.D. Ward/USDA Forest Service Deforestación www.forestryimages.org/4166001/J.D. Ward/USDA Forest Service
Deforestación www.forestryimages.org/4166001/J.D. Ward/USDA Forest Service Deforestación www.forestryimages.org/4166001/J.D. Ward/USDA Forest Service

A maior organización ecoloxista do país cita a FAO para denunciar que "a deforestación influíu na aparición e propagación do ébola". Os conversacionistan destacan o carácter "oportunista" de virus como a raiba, a febre amarela ou o ébola.

ADEGA sinala que "no caso do ébola parecen existir vencellos entre o déficit de conservación, desaparición ou alteración dos bosques tropicais nos que moran os portadores (morcegos frugívoros) e a aparición de novos abrochos en comunidades humanas". É dicir, ao talar os bosques os morcegos, portadores do virus, entran máis en contacto cos seres humanos, que colonizan as novas terras onde vivián os morcegos, e así facilitan a propagación da doenza.

A denuncia de ADEGA, aínda que sorpredente, ten base no informe da FAO. O organismo internacional destaca que "moitos dos brotes de Ébola tiveron lugar nas zonas marxinais dos bosques onde a expansión das poboacións humanas os pon en contacto cos axentes patóxenos que lles son descoñecidos, en particular a través do contacto frecuente coas especies silvestres".

A FAO aposta porque as políticas de desenvolvemento de países tropicais como os que máis están sufrindo o ébola teñan en conta o risco sanitario que produce a deforestación. A súa opinión é que os cambios do uso das superficies forestais e as prácticas, en particular cando non están regulamentadas nin planificadas, a miúdo determinan a aparición de novas enfermidades  e ás veces aceleran a frecuencia das enfermidades "capaces de producir pandemias catastróficas".

Nas últimas décadas as selvas de Guinea reducíronse nun 80%, e Liberia xa vendeu os dereitos de explotación de máis da metade dos seus bosques. Polo que atinxe a Serra Leoa, nos vindeiros anos leva camiño de ficar completamente deforestada.

En opinión de ADEGA, para deter o ébola cómpre polo tanto algo máis que medidas sanitaria. De non deter a explotación da selva para o monocultivo de productos como o aceite de palman os abrochos volverán a suceder, posiblemente con maior frecuencia. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 ourizo

Se a "DESFORESTACIÓN" ven a ser a razón, podemos nos dar fodidos. No noso país mailo ESTADO calquera obra municipal, autonómica, ou estatal leva inserido o asolagamento do patrimonio arbóreo. Mágoa

2 Ecologetas

JAJJAJAJA e van mandar os marines para combater o ébola a cañonazos e facerse coas ricas reservas de petróleo e diamantes a base de reforestacións? Un pouco de seriedade, os monocultivos sobre todo se son de sementes de Monsanto, crean contaminación doutros cultivos e pragas. O que causa o ébola son as propias vacinas das farmacéuticas.

1 eusi

Ego supremum dixit! Dános mais desa sabedoria que rebordas por todos os poros da tua pel... Que grandeza de intelixencia!

1 Gamela

Cando falaremos en serio do ébola e da súa orixe (?) Non é demasiado misterio un virus que tarda 15 anos en REAPARECER así polas boas... (?) Cando foi da gripe española morreran centos de miles de persoas... ou é que agora os VIRUS van por barrios (?) É todo moi RARO RARO RARO !!!