1,1 millóns de euros para os afectados polos incendios deste verán en Valdeorras

Quedan excluídos os inmobles que se atopasen en estado ruinoso ou de abandono antes dos lumes.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 24/10/2022 | Actualizada ás 15:43

Comparte esta noticia

A Xunta repartiu 1,1 millóns de euros en 14 axudas concedidas a afectados os incendios forestais rexistrados este verán na comarca ourensá de Valdeorras. Este luns, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión con propietarios de inmobles afectados polos incendios.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión con propietarios de inmobles afectados polos incendios na comarca de Valdeorras
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión con propietarios de inmobles afectados polos incendios na comarca de Valdeorras | Fonte: Xunta de Galicia.

En total, presentáronse 39 solicitudes á orde de axudas da Administración autonómica para paliar os efectos dos lumes que arrasaron centos de hectáreas en Valdeorras durante os meses de xullo e agosto.

O próximo 2 de novembro conclúe o prazo para rexistrar as peticións para acceder a estas axudas, que contemplan o abono da totalidade da reposición de inmobles en caso de ruína en residencia habitual, segundo explica a Xunta.

En caso de reparacións ou rehabilitacións, as subvencións cobren ata un máximo de 122.400 euros. No caso de residencias non habituais, a axuda pode alcanzar os 61.200 euros, tanto en caso de ruína como de reparación.

Destas axudas quedan excluídos os inmobles que se atopasen en estado ruinoso ou de abandono antes dos incendios, como lembrou a conselleira durante o encontro cos afectados.

Ademais, a convocatoria tamén contempla apoios económicos á reposición de enxoval dos fogares declarados en ruína --15.000 euros cando sexa vivenda habitual e ata 5.000 euros, en ocasionais--.

A responsable de Vivenda puxo o foco en que estas axudas son "compatibles" con outras subvencións, indemnizacións ou axudas "ata o límite do valor do dano producido, ou, de ser o caso, da contía ou porcentaxe deste establecidas nesta resolución".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta