Cerna votará seguir en Anova ou crear un novo partido

A Corrente Crítica de Anova someterá a votación estas dúas cuestións mediante referendo telemático entre a súa militancia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/10/2014 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

“A ver como xestionan Beiras e Martiño ter a media organización fóra". Era a primeira valoración que facía Mario López Rico, un dos voceiros da plataforma Cerna, corrente organizada dentro de Anova, logo da II Asemblea Nacional que se celebrou a pasada fin de semana.

Votación sobre as europeas en ANOVA
Votación sobre as europeas en ANOVA | Fonte: ANOVA Valmiñor twitter

López Rico referíase a uns resultados que deixaban practicamente a Cerna sen representación na Coordinadora Nacional de Anova. Dos dirixentes da corrente crítica, só tres mulleres, Paula Verao, Iris Malvido e Marga Prieto, obtiveron un posto. O resto, e os máis destacados –Luis Eyré, Carlos Meixome, Xosé Antonio Araúxo ou o propio Mario López Rico-- quedaron fora da dirección.

Uns resultados que foron por medio cento de votos. Por iso, o voceiro de Cerna xa avanzaba, xusto ao rematar esa asemblea que, “con estes resultados non hai posible integración". E os pasos que acaba de dar esta corrente crítica van na dirección de abandonar Anova.

En todo caso, ese é un paso que debe adoptar a súa militancia. O colectivo, reunido este sábado en Santiago, acordou someter a votación mediante referendo telemático entre toda a súa militancia a cuestión da súa continuidade en Anova e a constitución de Cerna en partido político.

As preguntas que se trasladarán á militancia serán “Está de acordo en que Cerna abandone Anova?” e “Está de acordo en que Cerna dea os pasos para constituírse en partido político?”. O referendo realizarase entre o xoves, 23 de outubro, e o domingo, 26 de outubro, e será organizado pola Comisión de Coordinación de Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

15 Un de ANOVA

Eyre e Lopez Rico non entenden nada. Iso de ir cos votos de uns cantos militantes para ter poder organico era un comercio que funcionaba coa UPG. En ANOVA non pensamos nos votos duns centos de militantes,estamos a pensar na liberacion nacional de toda Galiza.

14 Xohan de Cangas

Como militante de Anova só teño unha cousa que recriminar ós organizados membros de Cerca é que non abandoasen Anova tras perder a votación das europeas e dimitir da coordinadora nacional; como fixo a asamblea local de Moaña cando presentou a dimisión en bloque. O de que o Bloque pretenda presentarse ás municipais con outro nome... é un claro síntoma da súa decadencia. Pobre de nós, uns por outros e a casa sen barrer.

1 outromaispolomillo

e a choziña sen varrer...

13 triste

Anova está acabada e xa se confunde coa IU rupturista de Moral Santín. Beiras saiu de Amio con 2.000 votos detrás e agora está en Anova con 317(50 mais que Mariano Abalo). Cando o comité central diga quítanlle os 200 e acaba con sorte con 50 votos dos martiñistas e trepas varios. Triste epílogo para todo un Mesias.A FPG e IU volverán á marxinalidade na que estaban.A FPG leva no seu ADN a destrucción de todo canto tocan. A ver como venden o de frente ampla cando eles son incapaces de traballar con outros dentro da súa propia casa. Unha persoa que sexa nacinalista perde o tempo en Anova.

12 Manu2

Outro partido máis??? Un galeguista, un partido! Vivamos como galegos! Viva o minifundio!

1 anonimo

Pois de momento galeguistas-nacionalistas só hai dous partidos.O BNG e CxG.

11 Mala sorte

Sen a pasta que puxo IU Black e sen a figura do vello tan traballador e demócrata el mal lles vai ir.