Cerna votará seguir en Anova ou crear un novo partido

A Corrente Crítica de Anova someterá a votación estas dúas cuestións mediante referendo telemático entre a súa militancia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/10/2014 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

“A ver como xestionan Beiras e Martiño ter a media organización fóra". Era a primeira valoración que facía Mario López Rico, un dos voceiros da plataforma Cerna, corrente organizada dentro de Anova, logo da II Asemblea Nacional que se celebrou a pasada fin de semana.

Votación sobre as europeas en ANOVA
Votación sobre as europeas en ANOVA | Fonte: ANOVA Valmiñor twitter

López Rico referíase a uns resultados que deixaban practicamente a Cerna sen representación na Coordinadora Nacional de Anova. Dos dirixentes da corrente crítica, só tres mulleres, Paula Verao, Iris Malvido e Marga Prieto, obtiveron un posto. O resto, e os máis destacados –Luis Eyré, Carlos Meixome, Xosé Antonio Araúxo ou o propio Mario López Rico-- quedaron fora da dirección.

Uns resultados que foron por medio cento de votos. Por iso, o voceiro de Cerna xa avanzaba, xusto ao rematar esa asemblea que, “con estes resultados non hai posible integración". E os pasos que acaba de dar esta corrente crítica van na dirección de abandonar Anova.

En todo caso, ese é un paso que debe adoptar a súa militancia. O colectivo, reunido este sábado en Santiago, acordou someter a votación mediante referendo telemático entre toda a súa militancia a cuestión da súa continuidade en Anova e a constitución de Cerna en partido político.

As preguntas que se trasladarán á militancia serán “Está de acordo en que Cerna abandone Anova?” e “Está de acordo en que Cerna dea os pasos para constituírse en partido político?”. O referendo realizarase entre o xoves, 23 de outubro, e o domingo, 26 de outubro, e será organizado pola Comisión de Coordinación de Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

10 Populismos 2.0

Os que con IU se deitan coa FPG se levantan. Qué aburridos serían os fins de semana sen unha nova liorta dos Anovos e un novo acto de corrupción de IU. É secian que se ian do BNG porque non se podía respirar. Ao final tragan, todo un paripé noxento, saben que sen o Mesias non son nada. Igual que os de POTEMOS, moito Echenique e asamblearismo, pero ou tragan co que dicta o Napoleón de coleta...

9 Abankia No Riega

Fomos ficando sós a marea o barco e mais nós.

8 Un Farto

Siii, agora todo estaba pactado, dende Amio!!! Xa daquela pactaran isto. Vamos nin o FBI quitaría unha conclusión tan retorcida. O problema non é BNG,ANOVA,CXG..... o problema é que o nacionalismo galego está a ser absorvido por partidos/movementos que non van ter o centro de decisión en Galiza, por moito que nos digan. Hai algúns que o sabiamos dende Amio e permanecimos no BNG a pesar de non sair gañadora a nosa candidatura, pero a diferencia de outros moitos aceitamos os resultados, claro é que iso da democracia é o que ten!!! E ainda que no seu día estaba decepcionado, o tempo lle da a razón os que me decían que o BNG era a casa común do nacionalismo.

1 ULTRANACIONAL

Os cerna non aceptan a democracia en ningún sitio. -Por non aceptar nin se aceptan a si mesmos, non son capaces de ir máis de 4 á súa xuntanza de Santiago.- E o que ten o parasitismo político....son un mero quiste vaian onde vaian, incluso sós. - Agardo que se volten a súa casa materna ó Bloque que alí están outros puros e castos da política. Amén e gloria....

2 Un Farto

Vale, eu estiven aquí.......

3 Breixo Murcho

O de se gaño a asemblea quedo, e se non voume xa di moito, tanto dos de Anova en Amio como destes agora... O de sempre, máis siglas que persoas.

4 Morrazo

con violentos e con golpistas non se pode facer nada. QUEda a ética e o compromiso nacional desde a esquerda. Abur anova-fpg. Martiño, Beiras, aí vos quedades, entre curas, frades e militares

7 bautista do unto

Esa decisión xa estaba tomada desde o mesmo momento que constituiron CERNA. Mario e Palleiro tiñan decidido irse de Anova e negociar co BNG a súa entrada con postos retribuídos para ámbolos dous

1 non tal untado

E o BNG seguro que os acolle cos brazos abertos de tan bos recordos que deixaron non digas mais

2 Morrazo

bautista do unto, cachorito de la FPG...a rañala!!! Annova é a fraude mási grande que se ten dado (xunto coa fpg). Abur Anova-fpg. Martiño, Beiras, aí vos quedades, entre curas, frades e militares

3 anonimo

Postos retribuidos????? hahahaha Sodes patéticos. Anova está acabada e xa se confunde coa IU rupturista de Moral Santín. Beiras saiu de Amio con 2.000 votos detrás e agora está en Anova con 317(50 mais que Mariano Abalo). Cando o comité central diga quítanlle os 200 e acaba con sorte con 50 votos dos martiñistas e trepas varios. Triste epílogo para todo un Mesias. Unha persoa que sexa nacinalista perde o tempo en Anova.

6 bautista do unto

Esa decisión xa estaba tomada desde o mesmo momento que constituiron CERNA. Mario e Palleiro tiñan decidido irse de Anova e negociar co BNG a súa entrada con postos retribuídos para ámbolos dous

1 Canso de tonto0s

Pois mellor co orixinal UPG, que con unha mala copia FPG