Cerna votará seguir en Anova ou crear un novo partido

A Corrente Crítica de Anova someterá a votación estas dúas cuestións mediante referendo telemático entre a súa militancia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 18/10/2014 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

“A ver como xestionan Beiras e Martiño ter a media organización fóra". Era a primeira valoración que facía Mario López Rico, un dos voceiros da plataforma Cerna, corrente organizada dentro de Anova, logo da II Asemblea Nacional que se celebrou a pasada fin de semana.

Votación sobre as europeas en ANOVA
Votación sobre as europeas en ANOVA | Fonte: ANOVA Valmiñor twitter

López Rico referíase a uns resultados que deixaban practicamente a Cerna sen representación na Coordinadora Nacional de Anova. Dos dirixentes da corrente crítica, só tres mulleres, Paula Verao, Iris Malvido e Marga Prieto, obtiveron un posto. O resto, e os máis destacados –Luis Eyré, Carlos Meixome, Xosé Antonio Araúxo ou o propio Mario López Rico-- quedaron fora da dirección.

Uns resultados que foron por medio cento de votos. Por iso, o voceiro de Cerna xa avanzaba, xusto ao rematar esa asemblea que, “con estes resultados non hai posible integración". E os pasos que acaba de dar esta corrente crítica van na dirección de abandonar Anova.

En todo caso, ese é un paso que debe adoptar a súa militancia. O colectivo, reunido este sábado en Santiago, acordou someter a votación mediante referendo telemático entre toda a súa militancia a cuestión da súa continuidade en Anova e a constitución de Cerna en partido político.

As preguntas que se trasladarán á militancia serán “Está de acordo en que Cerna abandone Anova?” e “Está de acordo en que Cerna dea os pasos para constituírse en partido político?”. O referendo realizarase entre o xoves, 23 de outubro, e o domingo, 26 de outubro, e será organizado pola Comisión de Coordinación de Cerna.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

5 BLOQUE SI!!!!!!

agora ides a mareas para xuntaros co Pe$oe como quere izquierda unida un rollete co pe$oe, enton o -vieiras voltara onde veu do Pe$oe - fracción sociolista galega, isa xente a culpa non e vosa, que sodes uns aproveitados a culpa e da demodesgracia que tolera todo tipo de chafalladas o que facedes nada, non facedes nada nin estades en nada en verdade é o BLOQUE que esta cons pescadores, os afectados de preferentes, os emigrantes roubados, os do naval (e non ferrolita IU$ gaditanera) ides levar un nabo ben gordo ESTAFADORES POLITICOS (do que fixeron os 4 de izquierda unida en bankia mellor non falar estaban 4 e os 4 ladrons, e o do willy mayer, o willi fog ise con os cartos en sicav$)

1 Bloqueencaixado

E unha vez na alcaldía de lado de Caixa Nova, Masso é cousa de okupas

4 eusi

Xa estamos a voltas co mal perder: se non facedes ou que eu quero voume. Pois ala, meniños, a xogaaaaar...

3 orbita terrestre

eu vou votar PODEMOS, esto e un fiasco... soamente e un teatro posto en función dun señor EGOLATRA e nefasto! este señor e o carrillo do galeguismo e piñeirismo reaccionario e refractario coa socia es a lui-buttons xa cheirades mal todos, cheirades a morto a caca da vaca... o pobo esta a pasar fame e necesidades e -vieiras comendo marisco e champan anda xa (e para colomo cartos de bankia en izquierda unidera) o capitan das mareas (-vieiras xa esta naufragado e afundido)

1 eusi

Si, mellor que votes a outros, con esa actitude e pensamento, mellor leva esa caca de vaca que tes na boca a outros lares...

2 Atrapado no vloke flamenco

Desde el AGE, interrumpimos nuestra siesta para lles enviar a la asemblea de inquisidores, resentidos, filonazise e neopiñeiristas del CERNA unha boa ración de longueiróns. https://encrypted-tbn0.gstatic.com/...

1 Berta

Vexo o proceso desde fóra e con moito respecto. Das tres mulleres que entraron na Coordinadora Nacional de Anova só teño referencias de dúas e son moi boas, pero se pensan que Eyré e López Rico merecen figurar nos organismos de dirección teñen todo o dereito do mundo a seguilos onde eles decidan.

1 Flora

Quereras dicir ... onde elas decidan