Buscan unha muller de 41 anos desaparecida en Carballo este luns

Leva unha escaiola no brazo esquerdo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2022 | Actualizada ás 21:03

Comparte esta noticia

Os achegados de Sandra Pacín Aradas piden colaboración á cidadanía para dar co paradoiro desta muller de 41 anos que falta do seu fogar en Carballo desde este luns.

Segundo a descrición facilitada por SOS Desaparecidos, mide 1,78 metros de altura, é de complexión forte e ten o pelo curto e tinguido de vermello.

No momento desaparición vestía un pantalón vaqueiro, chaqueta negra e zapatillas grises. Ademais, leva unha escaiola no brazo esquerdo.

Buscan a unha muller de 41 anos desaparecida desde o luns 24 de outubro en Carballo (A Coruña). SOS DESPARECIDOS
Buscan a unha muller de 41 anos desaparecida desde o luns 24 de outubro en Carballo (A Coruña). SOS DESPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta