A Xunta activa o 'Xeoportal' de Protección Civil con información sobre riscos colectivos

Pretende achegar á poboación "a máxima información" sobre os riscos colectivos e os plans de protección existentes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2022 | Actualizada ás 11:47

Comparte esta noticia

A Xunta activou o Xeoportal de Protección Civil da Comunidade Autónoma de Galicia, unha nova ferramenta que pretende achegar á poboación "a máxima información" sobre os riscos colectivos e os plans de protección existentes.

Segundo trasladou a administración autonómica, trátase dun visor estruturado en distintas áreas --medios, riscos e planificación municipal--, que permite o acceso a todos os recursos en materia de protección civil para a súa visualización, edición e descarga. Deste xeito, esta nova ferramenta divulgativa ten como un dos seus obxectivos ser un servizo de transparencia para a cidadanía, que "poderá coñecer de maneira sinxela os mapas de riscos de protección civil e os plans de protección cos que debe contar cada concello".

Así mesmo, as persoas titulares das actividades suxeitas á normativa de autoprotección terán accesibles os datos de riscos externos aos que puidesen estar sometidas, e os servizos de emerxencias disporán de máis coñecemento espacial dos riscos e dos instrumentos de planificación para facerlles fronte. Ademais, a Xunta sinalou que a medida beneficia tamén aos concellos, aos que ofrece información de riscos dos plans autonómicos para a elaboración dos seus propios plans municipais.

En canto ás distintas áreas que abarca, na de medios infórmase de todos os centros de emerxencias, coa localización dos centros das forzas e corpos de seguridade do Estado, da Policía Local, así como dos parques de bombeiros, os Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES) e os Servizos Municipais e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea, na Lama.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visita a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Oitavén-Tea, na Lama.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta