Un acusado de tentativa de asasinato: "Fun coller o coitelo para defenderme, estiven eu máis preto da morte que el"

O home apuñalado foi xulgado por un delito leve de lesións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2022 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

Un acusado de tentar matar o seu compañeiro de piso na Coruña recoñeceu apuñalar ao outro home, no entanto, alegou que foi en defensa propia. O individuo que recibiu as coiteladas tamén foi xulgado, no seu caso, por un delito leve de lesións.

"Cando eu lle dei a puñalada xa me deu coa barra de ferro nas costas", declarou o procesado por homicidio en grao de tentativa durante o xuízo celebrado este martes na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña. "Fun coller o coitelo para defenderme, estiven eu máis preto da morte que el", engadiu.

Pola súa banda, a vítima dos apuñalamentos explicou durante a vista que a súa intención era marchar da vivenda que compartían debido a que "a convivencia era insoportable" e a disputa comezou porque o outro home impediullo "custara o que custara". "Dirixinme a el cun pau porque o vin cos dous coitelos, pero eu a el non lle fixen nada, só forcexeei", declarou respecto das agresións que se lle imputan. "Nunca pensei que me ía a apuñalar, case fun vítima de morte".

OS FEITOS

Segundo recolle o escrito fiscal, o día 31 de outubro de 2020 os dous homes convivían no mesmo domicilio, situado no barrio de Monelos da Coruña. Ao redor das 23,00 horas, tiveron unha "discusión" que comezou na vivenda e continuou na rúa, onde ambos "se encerellaron nunha pelexa".

O Ministerio Público sostén que un dos acusados "pretendía acabar coa vida" do seu compañeiro de piso con "dous coitelos de cociña" e engade que lle asestou "polo menos dous golpes con eles".

Tras recibir as puñaladas, o ferido logrou subirse á súa furgoneta e chegar ata o complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) onde "precisou cirurxía e transfusións urxentes". Pola súa banda, o home acusado de tentar matalo presentou "erosións superficiais".

Un dos acusados de presunto asasinato na Coruña, durante o xuízo
Un dos acusados de presunto asasinato na Coruña, durante o xuízo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta