Rosa Quintana destaca a "constante aposta" do sector por mellorar a venda coas ecoetiquetas

Creáronse ferramentas como o selo Pescaenverde para dar a coñecer a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxético do sector pesqueiro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2022 | Actualizada ás 15:41

Comparte esta noticia

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, subliñou a aposta "constante" do sector pesqueiro galego pola mellora na venda dos seus produtos coa creación de distintas ecoetiquetas para dar a coñecer á súa calidade e distinguilos da competencia.

A este labor engadiu a contribución de investigadores como o Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogrup) da Universidade de Santiago de Compostela, que creou ferramentas como o selo Pescaenverde para dar a coñecer a pegada de carbono e a taxa de retorno enerxético do sector pesqueiro.

Este tipo de actuacións, incidiu, contribúen a pór en valor os peixes e mariscos extraídos en Galicia, favorecendo que alcancen mellores prezos e que os profesionais do mar obteñan maior rendemento económico da súa actividade.

Neste sentido, Galicia conta con selos como a Denominación de Orixen Protexida (DOP) Mexillón de Galcia ou 'pescadeRías, de onde se non?' para enxalzar a calidade dos produtos do mar e distinguir a súa frescura e especiais características.

A titular de Mar expuxo que esta cuestión é "fundamental" para un sector do mar que achega preto do 5 por cento do produto interior bruto de Galicia e que ten relación con máis dle 90 por cento das ramas de actividade económica da comunidade.

Neste sentido, subliñou que cada posto de traballo no mar, xera moitos outros en terra, polo que lembrou a importancia de que todas as medias de xestión pesqueira que se adopten leven aparellado un estudo de impacto socioeconómico.

Varios homes desembarcan pescado nun porto. Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press - Arquivo
Varios homes desembarcan pescado nun porto. Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta