O Bono Activa Comercio é todo un éxito: máis de 112.000 descargas en 24 horas

Cada consumidor pode obter un bono de 30 euros que terá a oportunidade de utilizar ata o 31 de decembro nos negocios adheridos.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 25/10/2022 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

Máis de 112.000 clientes de toda Galicia descargaron xa o Bono Activa Comercio en pouco máis de 24 horas a disposición dos usuarios, mentres que o número de establecementos adheridos supera os 4.500, dos cales preto de 190 corresponden á Mariña Lucense.

O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, realizou este martes unha visita a diferentes establecementos de Ribadeo, onde preto dunha trintena de negocios participan xa nesta iniciativa, á que a Xunta destina cinco millóns de euros coa previsión de chegar a mobilizar 17 millóns en compras no comercio de proximidade de toda Galicia. Nela, cada consumidor pode obter un bono de 30 euros que terá a oportunidade de utilizar ata o 31 de decembro nos negocios adheridos.

Os bonos, en formato de código QR, poden descargarse a través do móbil na web bonosactivacomercio.gal, onde tamén poden sumarse ata o 30 de novembro novos establecementos comerciais. Heredia, que estivo acompañado por representantes da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa), lembrou que esta iniciativa busca impulsar as compras no comercio de proximidade, á vez que contribúe a aliviar o impacto da inflación na capacidade de gasto dos fogares galegos.

A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto é de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros supéranse os 50 euros de compra.

O vicepresidente primeiro, Francisco Conde, na presentación do Bono Activa Comercio 2022.. XUNTA
O vicepresidente primeiro, Francisco Conde, na presentación do Bono Activa Comercio 2022.. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta