A Praza do Obradoiro, elixida como unha das de maior encanto de Europa

É o resultado dunha enquisa desenvolvida por Jetcost, buscador de voos e hoteis que periodicamente pregunta sobre os espazos máis exclusivos de Europa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Non sempre son as máis grandes, nin as máis antigas, nin as máis famosas, pero si que son as que teñen un maior encanto. Ou, polo menos, así o cren as persoas usuarias de Jetcost, un buscador de voos e hoteis que periodicamente pregunta sobre os espazos máis exclusivos de Europa.

Praza do Obradoiro sen a presenza de turistas
Praza do Obradoiro sen a presenza de turistas | Fonte: GC

Nesta ocasión, a clientela foi preguntada sobre as prazas que consideran con máis encanto e nas que poder gozar dun bo momento mentres se contempla a contorna e se vive o seu ambiente. A Praza do Obradoiro, entre outras 14, foi unha das escollidas pola historia que alberga e pola presenza de distintos estilos arquitectónicos.

Canda a ela, tamén aparecen no ránking a Praza de España en Sevilla; a Praza Maior en Madrid; a Praza Maior en Salamanca; a Praza Navona en Roma; a Praça do Comércio en Lisboa; Trafalgar Square en Londres; Praza da Cidade Vella en Praga; Plaza Pretoria en Palermo; Praza da Santísima Trinidade en Budapest; a Grand-Place en Bruselas; a Place de la Bourse en Burdeos; Piazza del Campo en Siena; e Marienplatz, Múnich.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta