Os outros efectos da Covid no mar de Galicia

A case nula actividade marítima durante as restricións da pandemia propiciaron a chegada de mandas de candorcas a Galicia.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 30/10/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Que está pasando nos últimos tempos nas augas galegas para que se vexan, cada vez máis a miúdo, mangas de candorcas?. As súas visitas comezaron no verán de 2020, cando as restricións pola pandemia deixaron o océano case libre de embarcacións.

Candorcas
Candorcas | Fonte: EUROPA PRESS - CIRCE - Arquivo.

Nun comezo deuse conta de tres exemplares novos que interactuaban cos veleiros. Logo identificouse a unha familia, bautizada como "as gladys". Agora téñense rexistrados 16 exemplares que van desde Galicia até o sur de Portugal e o estreito de Xibraltar.

"O ministerio de Medio Ambiente español encargou un estudo para decidir o que se vai a facer", comenta Marina Sequeira, bióloga do Instituto para a Conservación da Natureza e dos Bosques, nunha entrevista en Euronews. "De acordo coa información que temos, aparentemente, algúns animais van ser marcados".

SEGUINDO AO ATÚN

Os investigadores apuntan a que as candorcas  seguen a migración de atunes que van desde o Atlántico norte até o Mediterráneo. Mentres continúa a investigación, algúns biólogos manteñen que se realmente fosen violentas, os golfiños xunto aos que ás veces nadan non se achegarían a elas.

As candorcas poden medir até oito metros de longo e pesar máis de cinco toneladas. Non hai aínda probas do motivo destas interaccións con embarcacións. "Están a xogar, protexendo ás súas crías, pero poderían ser agresivas", indica Sequeiro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta