A Xunta contraria a protexer a quenlla azul porque "afectaría a 130 barcos galegos"

Di que se atopa "en bo estado de conservación".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/10/2022 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar considera "inxusta e insustentable" a proposta de incluír á quenlla azul  na Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (Cites), unha cuestión que afectaría a uns 130 barcos galegos de palagre de superficie.

Cortando a aleta a unha quenlla.
Cortando a aleta a unha quenlla.

Así o dixo este mércores o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, en resposta a unha pregunta formulada na Comisión de Pesca pola deputada do BNG Rosana Pérez.

Sobre esta cuestión, Basanta afirmou que a quenlla azul "atópase en bo estado de conservación", tal e como recoñecen organizacións rexionais de pesca implicadas na súa xestión, así como a propia Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), que non ve necesidade de incluíla no convenio Cites.

Para Antonio Basanta, trátase dunha proposta "carente de fundamento sólido", así como de "avaliación de impacto social e económico", que afectaría na comunidade a uns 1.300 tripulantes pertencentes a unha frota que xa sufriu a inclusión nesta lista do marraxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta