A oposición dubida se as partidas orzamentarias da Xunta na CRTVG son para "manipular"

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2022 | Actualizada ás 20:39

Comparte esta noticia

O deputado do BNG, Daniel Castro, preguntouse este mércores en sede parlamentaria se as partidas destinadas á CRTVG son "para manipular e vulnerar dereitos dos traballadores" ou para ofrecer unha oferta "digna".

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, na entrevista no 'Bos Días' da TVG. CRTVG
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Anxos Vázquez, na entrevista no 'Bos Días' da TVG. CRTVG

Ás críticas sobre a xestión na CRTVG referiuse tamén o deputado socialista, Pablo Arangüena, quen, ademais, cuestionou o incremento de partidas a gastos xerais. "Está a saírnos máis caro o cambio de goberno", expuxo nunha intervención na que criticou tamén os incrementos en Presidencia. "Cústanos máis o señor Rueda que o señor Feijóo", sentenciou.

Fronte a iso o deputado do PPdeG José Alberto Pazos, rexeitou o críticas respecto ao uso da CRTVG denunciado pola oposición e aludiu á xestión en RTVE. "Por decretazo cambian os estatutos", reprochou aos socialistas. Mentres cualificou como os orzamentos "máis sociais" as contas de 2023 e dirixidos, engadiu, a "atender os problemas reais" da cidadanía.

Tamén a secretaria xeral da Presidencia, Beatriz Cuiña, defendeu, na presentación das partidas destinadas a esta consellería, unhas contas pensadas para "impulsar o retorno de emigrantes", fronte ás críticas da oposición, que puxeron en dúbida que non se vaian a repetir "erros".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta