Galicia quere os fondos contra danos do lobo aínda que votou 'non' á súa protección

A Xunta interporá un recurso contencioso-administrativo contra o Goberno central.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2022 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

O Goberno galego aprobou este xoves interpor un recurso contencioso-administrativo ante a negativa do Ministerio para a Transición Ecolóxica a transferir os fondos para habilitar axudas contra os danos do lobo, xa que Galicia votou en contra de dotar á especie de maior protección.

Así o informou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen afeou que esta decisión se adoptou de maneira "unilateral" e "sen ningún argumento legal". "Os efectos (na agricultura e a gandaría) prodúcense dun modo moi directo e Galicia non se pode quedar fóra destes fondos", aseverou.

Segundo as súas cifras, son 4,3 millóns de euros para 2022 e 2023 que debería recibir a Administración galega, aínda que "non estea de acordo" coa decisión adoptada na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente.

En calquera caso, Rueda garantiu que a Xunta si incluirá partidas por 2,5 millóns no proxecto de orzamentos para o próximo exercicio, para que os gandeiros poidan instalar sistemas de protección e solicitar indemnizacións no caso de que sufran perdas.

Varios lobos ibéricos do Centro do Lobo Ibérico
Varios lobos ibéricos do Centro do Lobo Ibérico | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta