A Xunta manifesta "preocupación" por posibles inundacións en Pontedeume e pide investimentos en prevención

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, insistiu que os Orzamentos da Xunta para 2023 "están deseñados tendo en conta este contexto de cambio climático".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2022 | Actualizada ás 14:58

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ratificou que "nestes momentos está activada a alerta por risco de inundacións na zona de Pontedeume" e indicou que no contexto actual, en que se pasa directamente da seca ás inundacións, "Augas de Galicia ten activados tanto os plans de seca como os de inundacións".

Así mesmo, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior activou o Plan Especial ante o risco de inundación en Galicia (Inungal) ante o risco de inundación. A Xunta prevé un posible desbordamento, ao superarse os limiares establecidos, nos ríos Tambre, en Val do Dubra; do Verdugo, en Ponte Caldelas; e do Deva, nas Regadas, en Arbo.

Vázquez explicou que estes plans foron aprobados pola Xunta de Galicia co obxectivo de "afrontar estes episodios cíclicos e que recorrentes, que forman parte xa case da normalidade climática de Galicia". Ademais, engadiu que "neste contexto teñen que colaborar tanto cidadanía, administracións locais e Xunta".

Nesta liña, Vázquez insistiu que os Orzamentos da Xunta para 2023 "están deseñados tendo en conta este contexto de cambio climático". Ademais, anunciou que neles "se contempla unha partida para a prevención de inundacións de 12 millóns euros".

Así mesmo, a titular de Infraestuturas explicou que na partida orzamentaria para o próximo ano tamén se consideran "un total 24 millóns de euros para o abastecemento de auga e para paliar a seca".

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez | Fonte: Carlos Luján - Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta