Falece unha muller de 69 anos por COVID na área sanitaria da Coruña

A falecida tiña patoloxías pevias. O número de ingresados suma 180, o mesmo que os contaxios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2022 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A cifra de pacientes con covid-19 hospitalizados en Galicia continúa por baixo dos 200 por terceiro día consecutivo, tras varias xornadas por encima desa barreira. Concretamente son 180 os hospitalizados, 174 en planta (-7) e seis en UCI (sen cambios). Tamén 180 son os novos contaxios rexistrados nas últimas 24 horas na comunidade, co que son xa 682.841 os contaxiados desde que se iniciou a pandemia.

De acordo cos datos publicados este sábado pola Consellería de Sanidade, actualizados ás 18,00 horas da pasada xornada, Galicia notifica 63 infeccións activas menos que na pasada xornada, 2.453 en total. Ademais, curáronse 676.563 persoas (+242).

O Sergas notifica tamén un falecido este sábado, unha muller de 69 anos da área sanitaria da Coruña que presentaba patoloxías previas. Doutra banda, o número de doses da vacina contra a Covid-19 administradas na Comunidade ascende ata as 7.177.597, mentres que se realizaron 3.993.084 PCR.

ÁREAS SANITARIAS

Por áreas sanitarias, A Coruña computa un total de 66 hospitalizados, dos que 62 están en planta (+1) e catro (sen cambios) en UCI. Con máis ingresados séguelle Ourense, con 39 en hospitalización convencional e sen pacientes en críticos (sen cambios). Pontevedra rexistra, pola súa banda, 23 ingresados en planta (+1) e continúa coa UCI libre de Covid.

Na área compostelá e do Barbanza descenden os hospitalizados en unidades convencionais ata os 12 (-4), aínda que xa sen pacientes en críticos (-1). A de Ferrol continúa con nove ingresados en planta e cun hospitalizado en UCI.

A área viguesa ten 17 ingresados en planta (-1) e un en coidados intensivos (sen cambios); mentres que a de Lugo rexistra 12 ingresados en unidades convencionais (-4) e continúa sen pacientes en críticos.

CASOS ACTIVOS

O descenso de casos activos é xeneralizado en todos os distritos sanitarios, excepto na Coruña, onde se notifican 530 (+1). Nas restantes, lidera a baixada a área de Santiago, con 336 infeccións (-21); seguida pola de Vigo, con 354 (-20); Ferrol, con 236 (-8); Lugo, con 278 (-6); e Pontevedra, con 280, e Ourense, con 437. Estas dúas últimas áreas negativizan catro casos, respectivamente.

En canto aos contaxios notificados nas últimas 24 horas, activáronse un total de 180, a maioría nas áreas coruñesa (36) e ourensá (31). Na área de Santiago rexístranse 29; na de Vigo, 26; 23 na de Lugo; 21 en Pontevedra; e 14 en Ferrol.

Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19
Un enfermeiro vacina unha muller contra a covid-19 | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta