Morre un conductor despois de saír lanzado polo parabrisas nun accidente en Ferrol

O vehículo sufriu unha saída de vía que provocou o sinistro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2022 | Actualizada ás 11:29

Comparte esta noticia

O condutor dun vehículo faleceu este domingo despois de sufrir unha saída de vía, impactar contra a mediana e saír despedido do coche cando circulaba pola AP-9F, á altura do punto quilométrico 36, ao seu paso polo concello coruñés de Ferrol.

Segundo confirmou a Garda Civil, o accidente, que se produciu ás 07,15 horas, consistiu nunha saída de vía pola marxe dereita, o vehículo envorcou e impactou coa mediana, arrastrándose sobre uns 400 metros.

Ademais, o Instituto Armado sinalou que o condutor saíu despedido do habitáculo uns 200 metros e "non levaba ben posto o cinto de seguridade", polo que faleceu no acto.

Testemuñas do sinistro deron aviso ao 112 Galicia á primeira hora deste domingo. Nas súas comunicacións explicaban que o vehículo transitaba sentido Narón cando chocou contra unha das barreiras de seguridade da vía. Ademais, apuntaban tamén que, a raíz do impacto, o condutor saíra despedido do turismo.

Con esta información, o 112 mobilizou aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Ferrol e Narón, así como á Garda Civil de Tráfico e a persoal de conservación da estrada.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencia desprazados ata o lugar do sinistro só puideron confirmar o falecemento do condutor do turismo.

Coche sinistrado nun accidente no que faleceu unha persoa na AP9-F, en Ferrol.. GARDA CIVIL
Coche sinistrado nun accidente no que faleceu unha persoa na AP9-F, en Ferrol.. GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta