Falece o ciclista ferido en Caldas de Reis que caera nunha pista forestal

O 112 pasou aviso ao 061, que informou da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela á parroquia de Carracedo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2022 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Faleceu o ciclista que, na mañá deste domingo, resultaba ferido en Caldas de Reis ao sufrir unha caída mentres circulaba por unha pista forestal.

Segundo informa o 112, foi un particular o que avisou ao servizo do ocorrido ao redor das 11,30 horas, solicitando ademais asistencia médica para o ferido, que perdera o coñecemento.

O 112 pasou aviso ao 061, que informou da mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela á parroquia de Carracedo, onde se produciu o suceso. A aeronave tomou terra nas proximidades do lugar do accidente poucos minutos despois.

Ademais, tamén os feitos tamén se puxeron en coñecemento dos axentes da Garda Civil e dos efectivos de Protección Civil de Caldas de Reis e Cuntis.

Helicóptero do 061
Helicóptero do 061 | Fonte: CEDIDA - EP.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta