Evacuado en helicóptero un home atrapado despois de envorcar o tractor que conducía en Silleda

Deuse aviso ao 061, aos bombeiros e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2022 | Actualizada ás 20:12

Comparte esta noticia

O condutor dun tractor quedou atrapado ao envorcar o vehículo agrícola en Silleda, polo que tivo que ser evacuado en helicóptero.

Segundo informa o 112, o accidente tivo lugar na tarde deste domingo nunha leira do lugar de Augacai. Ao redor das 15,00 horas, un familiar do ferido dá aviso ao servizo e solicita axuda para o home, veciño da parroquia de Dornelas.

Os Bombeiros de Deza tiveron que empregar o material de excarceración para liberar o ferido, que foi trasladado ata o centro hospitalario de referencia a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Deuse aviso ao 061, aos bombeiros e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Helicóptero medicalizado do 061. @HELICOSANTIAGO
Helicóptero medicalizado do 061. @HELICOSANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta